SEMINARIO DE MUSEOS 2017

SEMINARIO DE MUSEOS 2017

O Museo do Pobo Galego, ao cumprirse o 40º aniversario da súa apertura ao público, convoca a celebración, no mes de setembro de 2017, dun Seminario dedicado ao tema dos museos etnográficos e antropolóxicos e a súa situación actual en Galicia

As datas previstas de celebración son os días 28, 29 e 30 de setembro de 2017, en xornadas de xoves e venres as sesións teóricas –2 relatorios e 2 mesas por día-, e o sábado para unha sesión práctica itinerante.

O Seminario desenvolverase en forma de cinco relatorios e outras tantas mesas redondas abertas ós diferentes temas antes apuntados como obxectivos, dando pé loxicamente a outros que xurdiran sobre a marcha da reunión. Preténdese que o Seminario adopte así un perfil máis fluído e eficaz mediante os necesarios coloquios e debates activos.

As sesións serán públicas e abertas. Para máis información (datos de interese e programa), aquí.