Didáctica das Ciencias Sociais

page1_img2

Didáctica das Ciencias Sociais

A sección de didáctica das ciencias sociais está integrada actualmente (xaneiro de 2017) por 6 investigadores dos campus de Lugo e Santiago e tres investigadoras en formación e conta cun ampo grupo de profesores colaboradores externos, por unha parte os vinculados á Asociación Sine Nomine e por outra ao Proxectoterra que coordina o profesor Xosé Manuel Rosales desde o Colexio de Arquitectos de Galicia. Moitos compartimos esta dobre ou triple condición. Entre asesores permanentes contamos co Dr. Jesús Domínguez Castillo (Universidad Nebrija de Madrid), a Dra. Lis Cercadillo (Instituto de Evaluación), a Dra. Mª Auxiliadora Schmidt (Universidad Federal de Paraná, Brasil) e a Dra. Isabel Barca (Universidade do Minho, Portugal).

Os temas obxecto de investigación por parte do grupo teñen relación coa educación social, cívica e política e concretamente con 5 ámbitos relacionados: a educación histórica (desenvolvemento da conciencia histórica); a competencia en argumentación e razoamento da ensinanza e aprendizaxe das ciencias sociais; a construcción de identidades, a paisaxe e o patrimonio, e os espazos de inclusión e participación.

Desde o noso grupo lévase a cabo a coordinación do proxecto do Plan Nacional Competencias sociais para unha cidadanía democrática: análise, desenvolvemento e avaliación (EDU2015-65621-C3-R) no que desenvolvemos o Subproxecto 1 A educación formal nos procesos de construcción de identidades e a súa relación coas competencias sociais (EDU2015-65621-C3-1-R) no que participan a Universidade de Valencia, Nebrija de Madrid e o Instituto de Evaluación (IP: Ramón López Facal). Os outros dous subproxectos radican na Universidade de Barcelona (Desenvolvemento da formación sociopolítica para unha cidadanía democrática: deseño e implentación de materiais didácticos en Ciencias Sociais – EDU2015-65621-C3-2-R– IP: Joaquín Prats Cuevas) e na Universidade de Murcia (A avaliación das competencias e o desenvolvemento de capacidades cognitivas sobre historia en Educación Secundaria Obrigatoria – EDU2015-65621-C3-3-R– IP: Pedro Miralles Martínez).

Actualmente están en distinta fase de desenvolvemento seis teses de doutoramento relacionadas co pensamento histórico e competencias sociais, educación patrimonial, educación xeográfica, estereotipos, prexuizos e representacións sociais, e construción de identidades. A metodoloxía empregada é fundamentalmente cualitativa.

Desde a sección de ciencias sociais do grupo Roda organizamos diversos seminarios de formación, debate e difusión en colaboración con outros grupos e institucións, como o Museo do Pobo Galego, o Grupo de Innovación Docente Sarela, e o Proxectoterra, entre outros.
O grupo está integrado na Red14, encargándose da súa coordinación.

Grupo

page1_img2

Armas Castro, José Ángel
xose.armas@usc.es

page1_img2

Carpente Tielas, Laura
laura.carpente@usc.es
CV

+

page1_img2

Castro Fernández, Belén María
belen.castro@usc.es

page1_img2

Domínguez Almansa, Andrés
andres.dominguez@usc.es

page1_img2

Dopico González, Montserrat
montse.dopico@gmail.com

+

page1_img2

López Facal, Ramón Vicente
ramon.facal@usc.es
CV

page1_img2

Macía Arce, José Carlos
carlos.macia@usc.es

page1_img2

Pose García, Mariña
marina.pose@usc.es

page1_img2

Pousa Castelo, Manuel Ramón
manuel.pousa@usc.es

page1_img2

Riveiro Rodríguez, Tania
tania.riveiro@usc.es

+

page1_img2

Rodríguez Lestegás, Francisco
f.lestegas@usc.es
CV

+

page1_img2

Rodríguez Núñez, Clara Cristela
claracristela.rodriguez@usc.es

page1_img2

Soutelo Vázquez, Raul
raul.soutelo@usc.es