Actividades en centros

COLABORACIÓNS NO IES DO MILLADOIRO

O IES do Milladoiro ten entre os seus obxectivos fornecer as canles necesarias para facer realidade os principios da educación —o fomento e a promoción da investigación, a experimentación e a innovación educativa, nomeadamente— e unha das funcións do profesorado: a investigación, experimentación e mellora continua dos procesos de ensinanza-aprendizaxe.

Para facer realidade ese obxectivo, o IES do Milladoiro colabora coa Universidade de Santiago de Compostela dende a súa creación. É de particular interese o contacto coa Facultade de Ciencias da Educación da USC, coa que se comparten proxectos e se colabora no Máster de Formación do Profesorado. Por outra banda, cómpre destacar as relacións co Grupo de Investigación Roda, integrado por profesorado e persoal investigador do Departamento de Didácticas Aplicadas da USC, entre outros. Algúns membros dese grupo universitario realizan as súas investigacións en colaboración con profesoras e profesores do IES do Milladoiro, o que contribúe a mellorar as práticas docentes.

logo Milladoiro